
| O BNG o máis deudor |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 04 de Maio do 2008 | Galiza | |||
A maioría dos ingresos corresponden ás distintas subvencións públicas (2 millóns), e os 1,5 millóns restantes corresponden a financiamento privado. Deste modo, recibiu uns 600.000 euros polo cobramento de cotas a afiliados; 200.000 por venda de lotaría; 160.000 de donativos anónimos; e 160.000 de achegas de cargos públicos, entre outros conceptos. Os nacionalistas galegos regularizaron durante ese exercicio as súas débedas fronte ás Administracións públicas, reflectidas no informe de 2004. Non obstante, en 2005 quedou pendente de recoñecer unha débeda con Facenda de algo máis de 4.000 euros, polo que o órgano fiscalizar insta a corrixir a deficiencia. Por outro lado, aínda que o órgano fiscalizador non especifica todos os datos relativos á situación económica das agrupacións autonómicas de PSOE e PP, si que achega algunhas informacións. Sobre os 'populares', estima a súa débeda na sede galega en 2,2 millóns e na provincial de A Coruña en 163.000 euros. Dese total, 1,2 millóns corresponden ao crédito electoral para as eleccións ao Parlamento galego. Así mesmo, aínda non cobraran os 1,1 millóns de axudas polos resultados destes comicios. O informe calcula en 1,8 millóns o gasto do PP na campaña electoral para estas autonómicas. O Tribunal de Contas tamén chama a atención sobre un ingreso extraordinario de 30.000 euros rexistrado en concepto de premio de lotaría, que segundo manifestacións do partido corresponden aos ingresos dunha rifa, "da que unicamente se achegou o documento do ingreso bancario". En canto aos socialistas, o informe confirma a cancelación da débeda da súa sede galega e sinala que aínda non recibira os máis dun millón de euros polos comicios autonómicos.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|