 |
Representantes de ADEGA
reuníronse con técnicos en arquitectura para se informaren acerca da Nomas
Hábitat que recentemente ten aprobado o Governo da Galiza. |
Estas normas buscan una vivenda digna para o
común da povoación, visando fundamentalmente que os espazos habitados non sexan
un simples producto especulativo , senón un ben de uso. A constitución Española
garante o dereito á una vivenda DIGNA para todas as españolas/es, mas , na
realidade, estamos asistindo á situación inmoral e esperpéntica dun exceso de vivendas construidas, (19.000 desocupadas só en Lugo) e , ao mesmo tempo, á incapacidade para acceder á una vivenda digna
por una grande parte da povoación.
Nesta norma regúlanse as
condicións de salubridade para una
vivenda, en base á superficie mínima imprescindible, ventilación dos cuartos,
definición dos mesmos en pezas vivideiras de dia ou de noite, orientación solar
para facilitar a entrada de luz natural, contrarestar calquera sensación de
aillamento ou encerramento que poden producir salas sen algunha vista ao
exterior.
O espazo vital é
un elemento importante na saúde fisica e psiquica , non só dos humanos, mas de
case todos os animais, que se tornan mais esixentes segundo se complica a
escala evolutiva. A ventilación é necesaria para favorecer un ár mais rico en
osixeno e para eliminar sustancias tóxicas que detectamos a través dos maus
cheiros. O sol é imprescindible para o bon funcionamento da hipófise , glándula
endocrina que controla o funcionamento de todas as demais e que é responsable
de funcións tan importantes como das que dependen o optimismo (“O sol é alegria”, non é unha afimación
falsa) e ademais é desinfectante. O aforro enerxético tamén depende da
orientación , e do aillamento térmico da casa.
Regular os
corredores para podermos pasar por eles, ainda sentadas nunha cadeira de
rodas, asi como o cuarto de baño, parece sensato e previsor. Quen tivese un eivado
ou dependente na casa ten que recoñecer a importancia desta medida. Condicionar
o tamaño das cociñas ao nº de dormitorios aumenta a seguranza e a comodidade;
garantir a ventilación dos rochos non fai mais que aumentar a nosa seguranza
para evitar a acumulación de gases que poidan ser tóxicos.
Mas nesta norma
non só se regula o aspecto interno das vivendas. Tamén o fai có aspecto externo
, para que poidan ser integradas na paisaxe. Unha necesidade repetidamente denunciada . A paisaxe non a
constituen apenas os montes e os rios, senon as modificacións e adaptacións que
os habitantes teñan feito deles. Ë o que se define como “paisaxes culturais” .
Galiza é un expoñente desta característica. As diferentes curvas de nivel que
marcan as nosa paisaxes con outeiros e vales non deberian seren eliminadas e
cuadriculadas . Podemos adapatar as novas construccións a estes desniveis ainda
embelecendoos.
Esta poderia ser
unha solución para o crime que se quere perpetrar no PARQUE ROSALIA de Lugo,
repetindo, nesta cidade, o desastre xa consumado doutros lugares como as
traseiras da Av das Fontiñas (antes Carrero Blanco de triste memoria –ministro
do interior Franquista).
Darlle á vivenda
un valor social regulando a percentaxe mínima que hai que destinar a solo para
Vivendas de Protección Oficial, é un valor en si mesmo, e é cumplir coa
Constitución Española. Regular a
especulación que esta a facer dos nosos
Concellos una arma de RECALIFICACIÖN , (novo verbo que España practica
en toda a sua extensión) é una necesidade de saúde social e democrática.
As Normas do
Hábitat Galego eran una demanda social xeralizada nunha sociedade que está
rexeitar masivamente o deterioro do medio, da democracia e da honestidade
pública.
As críticas que
se escoitan , por parte de alcaldes, van dirixidas ao temor que sinten pola
perda de competencias e materia de solo, mas non escoitei críticas á norma en
sí. Os constructores queixanse porque
temen gañar menos ..... ( non será esto necesario?). Se somos capaces de pagar
un plus de seguranza no noso coche, como podemos non exixir o mesmo para a
vivenda en que vamos pasar a maioria da nosa vida?
Este é o momento
mais apropiado, porque a crise da construción ( que todas/os anunciabamos) esixe agora un maior intervencionismo administrativo.
Do ponto de vista
ambiental é unha norma que ven poñer un
orde onde non o habia, fundamentalmente no aspecto estético e no respeto coa
cultura. Por iso coidamos que é importante e que pode axudar a parar a desfeita
en que este país está metido.
Comentarios () |
|
|
|
|
|