
| 'Ialma' presenta un espectáculo de danza en Bruxelas |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Luns, 05 de Maio do 2008 | Cultura | |||
Ademais, revelou que co título de '100 voltas', que fai referencia á expresión 'sei cen veces máis ca ti', aspiran a facer todo o contrario e propoñer a apertura cara a outras culturas para "coñecer, apreciar e mesmo enriquecer" a propia. Entre os participantes do espectáculo estarán dúas 'cantareiras' galegas de 75 e 82 anos, Rosa e Aída, que viaxan por primeira vez a Bruxelas dende a súa aldea galega de Moscoso (Pontevedra). Así mesmo, contarán con diferentes convidados relacionados co mundo da danza e o canto; así estará un especialista en danza de Hungría Gabor Varga; un rapeiro da Galiza Puto Coke; e a cantante e bailarina de Túnez Ghalia Benali, entre outros. O grupo 'Ialma', que está composto por cinco mulleres galegas afincadas en Bruxelas, recolle dende hai anos os cantos tradicionais dos seus antepasados galegos para transformalos, cun estilo "persoal", en música "actual, festiva e sedutora", para representar unha "nova" xeración de música galega. A través de numerosos festivais e concertos o grupo presentou xa os seus diferentes álbums expresando, ao seu xuízo, a música cunha enerxía galega "incomparable". Así, deron a coñecer o seu primeiro disco 'Palabras darei', gravado integramente 'a capella'. Despois 'Marmulladas', que supuxo un encontro das cinco compoñentes galegas con músicos belgas, e o terceiro, e último, 'Nova Era', que contén unha versión dun tema do grupo 'Red Hot Chili Peppers', así como composicións propias.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|