|
A Xunta favorece a Ence perxudicando a Pontevedra |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Luns, 05 de Maio do 2008 |
Galiza
|
|
|
| O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, avanzou que a Xunta prorrogará a autorización ambiental integrada á empresa Ence-Elnosa, aínda que o fará "por importe máximo de tres anos", cando ao resto das compañías se lle adoita conceder por un prazo de oito anos. |
O titular de Medio Ambiente xustificou a concesión da autorización en que é "unha ferramenta necesaria para traballar con requisitos ambientais" e insistiu en que Ence "se ten que trasladar da ría en 2018".
Explicou que a decisión que tomará a consellaría é prorrogar a autorización ambiental integrada "da orde de tres anos" e destacou que "sería o tempo que lle debería levar empezar o desmantelamento e trasladarse".
"Non se pode ir a posturas maximalistas e radicais, Ence non se vai ir mañá", advertiu Vázquez, que reiterou o compromiso do Executivo autonómico de seguir traballando para que a papeleira deixe a ría de Pontevedra antes do ano 2018. "O Goberno galego non lle vai fallar a Pontevedra", aseverou.
En todo caso, dixo "entender" as numerosas persoas que se manifestaron en Pontevedra en contra da concesión da autorización ambiental á que hoxe se referiu, incluída a voceira socialista no municipio, Teresa Casal, que o fixo en contra do criterio do seu partido.
Comentarios () |
|
|
|
|
|