|
Dragon Ball agora sen galego |
|
|
|
Redacción MundoGaliza
|
Luns, 05 de Maio do 2008 |
Curiosidades
|
 |
O voceiro de Lingua del Grupo Parlamentario do BNG, Bieito Lobeira, preguntou ao Goberno acerca da posibilidade de que o DVD da terceira parte da saga de debuxos animados 'Dragon Ball' se edíte tamén co audio en galego, como sucedeu coas dúas primeiras. |
Para iso, rexistrou unha pregunta para a súa resposta oral na Cámara galega, na que explicou que a distribuidora porá nestes días no mercado 'Dragon Ball GT' con opcións de audio en español, xaponés e catalán, de maneira que "deixou excluído" o galego.
Ante esta situación, a Mesa pola Normalización Lingüística contactou coa distribuidora para coñecer os motivos da eliminación da opción en galego e esta asegurou que "o problema é o inasumible da política de prezos de cesión de dobraxes que ten a TVG".
O BNG quere saber se "realmente" existen esas "fortes diferenzas" entre a política de prezos da televisión pública galega e outras como ETB -televisión pública vasca- ou TV3 -televisión autonómica catalá-.
Ademais, o deputado nacionalista incluíu tamén na súa pregunta parlamentar as medidas que se van adoptar para "converter a TVG nun axente activo na normalización lingüística no que a dobraxe de películas se refire".
Comentarios () |
|
|
|
|
|