
| Volverán pedir cárcere para 'Makelele' |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 06 de Maio do 2008 | Sociedade | |||
Segundo explicou o avogado dos familiares, Enrique Fonterigo, esta nova detención, realizada cando o mozo está en liberdade baixo fianza, será incluída como proba dentro da instrución do caso de Jenaro de la Fuente, co obxectivo de pedir á maxistrada que leva o caso que dite prisión, así como as medidas provisionais pertinentes. Así, apuntou que 'Makelele', ao conducir un vehículo, incumpriu parte das condicións polas que se lle outorgou a liberdade, xa que se lle retirara o pasaporte e o carné de conducir. O letrado considerou que coa "grave infracción" cometida onte, posto que, ademais de conducir sen licenza botou unha taxa de alcoholemia tres veces superior á autorizada, e alertou de que é un "perigo" para as persoas. Makelele é unha persoa que "ignora as normas cívicas e mesmo as xurídicas" ao tempo que recordou que "este é o seu terceiro delicto" relacionado coa seguridade do tráfico a pesar de que só ten 22 anos de idade. "A sociedade non se pode permitir o luxo de que estea na rúa", afirmou. Makelele' foi a prisión provisional durante tres meses, aínda que posteriormente, despois de que se interpuxera un recurso, saíu libre baixo unha fianza de 12.000 euros e se lle retirou o pasaporte e o permiso de conducir.
Hai que ser serios e impor un bo castigo, non pode andar circulando un suxeito así. Cárcere xa.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|