Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
'Galiza somos. A lingua en movemento' Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (4 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Martes, 06 de Maio do 2008   |   Cultura
amesa A Mesa pola Normalización Lingüística vén de estrear o filme documentario 'Galiza somos. A lingua en movemento', producido pola propia asociación e concibido como “unha mostra da vulneración dos dereitos lingüísticos na nosa historia recente”. A presentación deste documentario realízase dentro da campaña para a mobilización nacional do 18 de maio en defensa do dereito a vivir en galego.

En 'Galiza somos' abórdanse os casos de varias persoas que decidiron facer fronte a situacións de discriminación contra o galego, rompendo a “naturalidade” con que se quere presentar a subordinación constante da lingua propia do país. En palabras de Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, “as persoas que defenden os seus dereitos, como as que vemos neste filme, son as que logran mover o mundo”. “As mulleres e os homes que deciden utilizar o galego con normalidade e queren superar as discriminacións son as que fan que aflore o conflito e que axudan a superalo”, sinala Callón.

 

Os casos seleccionados neste documentario son os dunha muller expulsada da consulta médica por usar o galego, a loita das nais de Palmeira en defensa da escolarización neste idioma para os seus fillos e fillas, a sanción que padeceu a empresa Erica Mel por etiquetar en galego, as innumerábeis trabas que encontran as parellas para casar no idioma de Galiza a pesar de ser cooficial, as campañas que emprederon os adolescentes de Brión para que a telefonía móbil utilice o galego, a penalización padecida por un traballador por querer manter os seus dereitos lingüísticos e, por último, a loita do pobo de Lubián en defensa do galego, a pesar de que a súa lingua non ten recoñecemento oficial por se encontrar na provincia de Zamora.

 

Desde A Mesa sinálase que “esta fita non pretende ser un arquivo de discriminacións no uso da lingua galega. Escollemos unha serie de casos paradigmáticos e contámolos. Mais poderían aparecer aquí moitos outros que por motivos de limitacións de tempo non o fan.”

 

O documentario Galiza somos conta co apoio da Consellaría de Cultura e Deporte e foi realizado por Iceberg Producións. A súa estrea foi onte no Forum Metropolitano da Coruña. No acto de presentación interviron a concelleira de Normalización Lingüística da Coruña, Ermitas Valencia, e o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón.

 

Un dos principais casos tratados é o das nais de Palmeira, que no ano 1995 se organizaron e mobilizaron en defensa da escolarización en galego, fronte a unha Xunta de Galiza que na altura decidira expedientar o colexio onde tiñan os seus fillos e fillas porque impartía as aulas na lingua do país. Unha das nais conclúe: “Transcorridos estes trece anos, temos os fillos adultos, universitarios, sabemos que non nos equivocamos e que loitamos porque tiñamos que loitar. Estivo ben”.

 

No ámbito do traballo, abórdase o caso de Emilio Casal, empregado de Telefónica en Santiago de Compostela que foi sancionado por usar o galego no seu horario laboral. Os tribunais de xustiza anularon fulminantemente a sanción e recoñeceron o dereito á libre utilización da lingua de Galiza.

 

Aínda no sector empresarial, trátase o tema da empresa Erica Mel, de Arzúa, que foi tamén expedientada nos anos 90 pola propia Administración autonómica por etiquetar en galego os seus produtos. A presión social conseguiu que se retirase a sanción. O xerente lembra ese episodio e móstrase “satisfeito do traballo ben feito, de estar onde debes estar e á altura dos tempos”.

 

Lubián é un concello da provincia de Zamora, aínda que a paisaxe, a fala e moitas máis cousas nos din que, cando alí chegamos, estamos aínda en Galiza. Porén, como non está na comunidade autónoma galega, alí o galego non é oficial, o cal provocou situacións moi fortes de discriminación. Por exemplo, hai seis anos, varias familias denunciaron que unha nena e un neno recibiran o castigo na escola de escribir duascentas veces “No hablaré gallego en clase”. A loita do pobo de Lubián en defensa da súa lingua testemúñaa o seu alcalde, Felipe Lubián, entrevistado para o filme Galiza somos.

 

As alumnas e os alumnos do IES Esparís de Brión pedíronlles ás compañías de telefonía móbil a atención en galego e a opción deste idioma nos aparellos. Tamén lle pediron a Salvat-Bruño que editase os libros de Astérix na nosa lingua . Non poder usar o galego no día a día é tamén unha discriminación, máis sibilina, contra a que cómpre actuar.

 

Xurxo e Chus son unha parella que decidira casar. E quixeron facelo na lingua en que medraran, na lingua en que namoraran. A partir de aí, todo foi unha incríbel carreira de obstáculos para  poderen cumprir un trámite tan sinxelo. Se fose en castelán, todo sería automático, mais decidiron non renunciar ao seu dereito.

 

Outra das situacións máis graves abordadas en Galiza somos é o caso de Tareixa Pereira, a quen un dentista lle negou a atención médica porque ela falaba en galego, o cal denunciou perante o seguro e tamén publicamente. A paciente sinala que se trata “dunha cuestión de dereitos e tamén da nosa propia dignidade como persoas”.

 
Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (3)add
1
Gallego de La Coruna
Que conflictos quieren crear esta gente de La Mesa donde solo hay unos casos aislados de discriminación.

Esta claro que solo les interesa vivir del cuento sin trabajar. Por favor, busquen trabajo de una vez, produzcan para Galicia y dejen en paz a los gallegos con tanta tontería.

07 de Maio do 2008 - 13:05

2
o risto galego
para o tal "gallego de la coruña "que da vergoña cos seus comentarios, vaite para o teu pais que é España e deixa a Galicia en paz que pola culpa de xente coma ti estamos como estamos.1 pregunta: en 2la coruña" non sabedes falar galego?

09 de Maio do 2008 - 23:13

3
Gallego de La Coruna
Para Risto:
Aquí en Mundogaliza como parece que no existe el castellano mis comentarios van siempre en español, en lavozdegalicia por la misma razón pero al revés pongo los comentarios en gallego.
No tengo ningún problema en decir que me siento coruñés, gallego y español. Me parece muy bien que tú solo te sientas coruñés y gallego, pero tienes que ser más demócrata y aceptar que algunos no pensamos como tú.
Saúdos.

09 de Maio do 2008 - 23:59

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image