
| Correlingua na Coruña |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 06 de Maio do 2008 | A Coruña | |||
O premio para os gañadores será un MP4 programable en galego "unha forma de achegar o idioma a través das novas tecnoloxías", pois segundo explicou, é "moi difícil" atopar un aparato de última xeración ou unha videoconsola que conte coa opción de galego entre os seus idiomas. A concelleiro de Cultura, María Xosé Bravo, remarcou o duplo obxectivo "lúdico e reivindicativo" da carreira, por un lado "unha festa cultural" e por outro un acto "que sirva para que a xuventude use o galego en todos os contextos". Para acompañar os participantes, o Concello achegará un grupo de capoeira, música, bailes e actuacións.
Despois da Coruña, mañá celebrarase en Ferrol, o 8 en Foz e Vilagarcía, o 9 en Lugo, o 12 en Santiago, o 13 en Pontevedra, o 14 en Vigo, o 15 en Salceda de Caselas e Monforte e, finalmente, rematará o 16 de maio en Verín e Ourense. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|