|
Paulo Liñeiro
|
Martes, 06 de Maio do 2008 |
Sinaturas -
Paulo Liñeiro
|
 |
Primeiro Zaplana, e unha semana despois, Acebes di adeus ao novo proxecto de "centro moderado" de Rajoy.
|
Despois do resultado das eleccións do 9-M tiñamos claro que non podían continuar nos seus postos Acebes e Zaplana, xeradores do clima de crispación dos últimos catro anos. O sorprendente é a forma da súa saída.
No caso de onte, Rajoy pediu a Acebes que non o fixese público até o congreso do partido. Acebes non esperou, e presentou o comunicado, a Rajoy sentoulle mal, tanto que non quería falar coa prensa nin sequera tivo a valentía de informar nunha reunión aos seus propios compañeiros da decisión de Acebes.
Rajoy será elixido presidente do partido no próximo congreso e a pregunta é, quen ocupará a secretaría xeral do PP? , quen será o número dous do partido?
Agora veremos a valentía de Rajoy. O candidato ideal é Gallardón por moitos motivos, primeiro elimina a un posible rival, segundo racha co pasado dos Aznar, Zaplana, Acebes,... e por último, marxina ao seu principal rival, Esperanza Aguirre.
O problema é que Gallardón non está ben visto dentro do propio partido, e Rajoy teme que incluír a Gallardón como número dous lle reste apoios que agora ten.
Será valente Rajoy?
Comentarios () |
|
|
|
|
|