Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
"Traizón" e "violación flagrante" Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 06 de Maio do 2008   |   Galiza
ence5
O alcalde de Pontevedra, o nacionalista Miguel Anxo Fernández Lores, cualificou  como "violación, traizón e paso atrás grave" que a Xunta decidise conceder a Ence e Elnosa a ampliación por tres anos da autorización ambiental integrada, ao entender que supón "consolidar" a actividade destas empresas situadas na Ría pontevedresa. 

Para o alcalde capitalino, a decisión anunciada polo conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, é "unha violación flagrante" dos acordos adquiridos polo BNG e o PSOE para configurar o goberno bipartito da Xunta.

"No pacto de goberno asinado por Emilio Pérez Touriño e Anxo Quintana en 2005, recollíase expresamente o traslado das dúas factorías da súa actual situación", recordou Fernández Lores que, en consecuencia, interpreta a concesión da autorización ambiental integrada como "un paso atrás e unha traizón moi grave ao posicionamento do goberno local e aos pontevedreses".

O alcalde de Pontevedra anunciou que o Concello de Pontevedra recorrerá esta decisión da Xunta e levará a súa oposición "até as últimas consecuencias". No seu momento, a casa do concello informou en contra da concesión desa Autorización a Elnosa, e Lores sinalou que mantería ese posicionamento de solicitarse a súa opinión no caso de Ence.

REXEITAMENTO ECOLOXISTA.

Nesta mesma liña pronunciouse o presidente da Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra, Antón Masa, quen asegurou que non lle sorprendeu a decisión da Xunta porque "xa se vía vir".

"Entendo que o BNG se sinta traizoado polo PSOE porque había un acordo para sacar Ence-Elnosa da ría de Pontevedra nesta lexislatura e agora xa non vai ser posible", engadiu Masa.

Pola súa parte o voceiro municipal do PP no Concello de Pontevedra, Telmo Martín, aplaudiu a decisión da Xunta aínda que criticou que o bipartito aínda non cumpriu o seu compromiso de reunir a mesa de concertación para discutir sobre o futuro de Ence.

Pois Lores aínda queda curto nos seus cualificativos, algúns pontevedreses coma quen está a escrever aínda máis diroamos se nos deixaran e nos foran escoitar

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image