Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Orozco contra Touriño Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 07 de Maio do 2008   |   Galiza
orozco
O Concello de Lugo, que preside José López Orozco, instou á Consellaría de Vivenda a abrir un período de diálogo con todos os concellos sobre o decreto das normas do hábitat, que regula as características que deben de ter as vivendas na Galiza. Ademais, o grupo municipal socialista a través dunha moción pretende modificar determinados aspectos do decreto que, ao seu xuízo, "inciden na autonomía municipal".

O responsable comarcal do BNG e vicepresidente da Deputación, Antón Bao, considerou "extemporánea" a petición de diálogo que traslada o Concello de Lugo á Consellaría de Vivenda sobre as normas do hábitat.

"O que lamentamos é que o PSOE de Lugo non se sume ao cambio e non se sumen a un acordo que tomou o Goberno galego no Consello da Xunta e polo tanto o conxunto do goberno", protestou.

Bao aseverou que se trata dunha "norma que vén a poñer enriba da mesa as necesidades da cidadanía en canto a poder acceder a unha vivenda digna".

O voceiro do BNG no concello de Lugo, Xosé Anxo Laxe, tachou de "inaudito" que o grupo municipal socialista votara no pleno de onte "en contra do decreto asinado polo presidente da Xunta". "Foi inaudito ver votar ao PSOE de Lugo en contra dun decreto, defendido unanimamente polo Goberno galego", lamentou.

Para o voceiro nacionalista este comportamento é "unha mostra máis de confrontación" do alcalde Orozco coa Xunta de Galicia, tanto por esta moción coma por manifestar a súa intención de non entrar no Consorcio de Servizos Sociais. Laxe opinou que se trata dun "mero capricho do alcalde, que repercute na cidadanía e nas dotacións e servizos que esta cidade percibe por cabezonería de Orozco".

 

Comentarios (5)add
1
Fran
Este Orozco é máis oposición para o PSdeG que o PPdeG.

Maio 07, 2008

2
Djalminha
Orozco nun botellón con menores de idade:


Maio 07, 2008

3
Gallego de La Coruna
En esa foto no se ve nada de botellón.

Orozco es uno de los pocos socialistas gallegos con las ideas claras, pues no tiene sentido una coalición del PSOE con un partido nacionalista.

Maio 07, 2008

4
de CORUÑA
Gallego de lA CORUÑA , agora o demostrache,...que tí non es do PP, queda claro , ¿ non si ? , unha aperta

Maio 08, 2008

5
Peixe de Muxia
Tanto monta monta tanto o señor orozco como os señores de bloque en lugo
creo que o menos malo que lle pode pasar a lugo e que volte o pp a o poder

Maio 10, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image