Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Organizacións lácteas rexeitan a decisión da UE Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 07 de Maio do 2008   |   Internacional
leite
Distintas organizacións do sector lácteo mostraron o seu rexeitamento á decisión da Unión Europea (UE) de eliminar o sistema de cotas en 2015 a través do aumento destas nun 2% este ano e fixeron, ademais, un chamamento a todas as organizacións campesiñas e os seus aliados para mobilizarse a favor dunha nova política agraria comunitaria.
Estes son algúns dos acordos alcanzados entre COAG e as agrupacións invitadas á 'Xornada Internacional sobre as perspectivas do sector lácteo' que se celebrou en Santander e á que acudiron uns 300 gandeiros.

No devandito encontro, tanto COAG como SLG (Sindicato Labrego Galego), EHNE (COAG País Vasco), UGAM, COAG Castilla y León, COAG Asturias, Fugea de Bélgica e Confédération Paysanne de Francia, debateron sobre a crise do sector produtor de leite no ámbito autonómico e no contexto comunitario e internacional.

As organizacións, pertencentes a Vía Campesiña, xunto co sector lácteo, achacaron esta crise á inestabilidade crecente dos mercados, que xerou o aumento dos prezos dos cereais, así como o incremento do custo dos insumos e da enerxía o que, ao seu xuízo, "demostra a necesidade dunha regulación dos mercados" a través de instrumentos de xestión.

Neste sentido, todas as agrupacións coincidiron na necesidade dun cambio da política agraria comunitaria no sector lácteo que garanta o mantemento de instrumentos de regulación dos mercados, co sistema de cotas como principal elemento aínda que admitiron que pode estar suxeito a posibles melloras.

Tamén apelaron á posta en marcha de mecanismos que permitan prezos estables para o produtor, que cubra os custos de produción e remuneren o seu traballo, xunto con prezos razoables para os consumidores.

Por outro lado, avogan polo mantemento da produción láctea no ámbito comunitario co fin de lograr un equilibrio entre a oferta e a demanda. Para iso, estiman que se deben fomentar "canles curtas de comercialización naquelas zonas onde se poidan levar a cabo e que permitan unha maior participación do sector produtor no produto e no prezo de venda final".

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image