
| Organizacións lácteas rexeitan a decisión da UE |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Mércores, 07 de Maio do 2008 | Internacional | |||
No devandito encontro, tanto COAG como SLG (Sindicato Labrego Galego), EHNE (COAG País Vasco), UGAM, COAG Castilla y León, COAG Asturias, Fugea de Bélgica e Confédération Paysanne de Francia, debateron sobre a crise do sector produtor de leite no ámbito autonómico e no contexto comunitario e internacional. As organizacións, pertencentes a Vía Campesiña, xunto co sector lácteo, achacaron esta crise á inestabilidade crecente dos mercados, que xerou o aumento dos prezos dos cereais, así como o incremento do custo dos insumos e da enerxía o que, ao seu xuízo, "demostra a necesidade dunha regulación dos mercados" a través de instrumentos de xestión. Neste sentido, todas as agrupacións coincidiron na necesidade dun cambio da política agraria comunitaria no sector lácteo que garanta o mantemento de instrumentos de regulación dos mercados, co sistema de cotas como principal elemento aínda que admitiron que pode estar suxeito a posibles melloras. Tamén apelaron á posta en marcha de mecanismos que permitan prezos estables para o produtor, que cubra os custos de produción e remuneren o seu traballo, xunto con prezos razoables para os consumidores. Por outro lado, avogan polo mantemento da produción láctea no ámbito comunitario co fin de lograr un equilibrio entre a oferta e a demanda. Para iso, estiman que se deben fomentar "canles curtas de comercialización naquelas zonas onde se poidan levar a cabo e que permitan unha maior participación do sector produtor no produto e no prezo de venda final".
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|