
| Sete deputados galegos ocuparán portavocías |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Mércores, 07 de Maio do 2008 | Estatal | |||
O deputado galego que presumiblemente terá máis traballo será o nacionalista Francisco Jorquera, voceiro nas comisións de Presupostos; de Fomento; de Industria, Turismo e Comercio; de Ciencia e Innovación; e de Regulamento. A súa compañeira Olaia Fernández Davila será voceira nas comisións de Educación, Política Social e Deporte; de Administracións Públicas; de Igualdade; e de seguimento e avaliación dos acordos do Pacto de Toledo. O PP contará con Ana Pastor na Vicepresidencia da Cámara Baixa, Antonio Erias será voceiro en Industria; Joaquín García Díez de Pesca e Jesús Vázquez de Universidade. Belén do Campo é adxunta en Sanidade; Raquel Arias en Medio Ambiente; e Nava Castro en Regulamento; mentres que Arsenio Fernández de Mesa ocupará a Vicepresidencia segunda da Comisión de Defensa. Finalmente, o socialista Ceferino Díaz será voceiro do seu grupo en materia de Pesca, mentres que Alberto Fidalgo fará o propio en Consumo. Ademais, Antón Louro presidirá a Comisión de Fomento e Margarida Pérez Herraiz será vicepresidenta segunda na de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. En Pesca tamén estará Marta Estrada como voceira adxunta e Domingo Tabuyo ostentará a mesma responsabilidade en Ciencia.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|