Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Manifestación contra a supresión dos trens rexionais Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 08 de Maio do 2008   |   Sociedade
ave Centos de persoas manifestáronse, onte pola tarde noite en Santiago, contra a supresión dos trens rexionais na comunidade e a favor da creación dun servizo de proximidades nas principais cidades galegas.
Convocados pola plataforma 'Salva o Tren' os manifestantes -2.000 segundo a organización e "a metade" para a Policía Local-, partiron da Alameda compostelá, entre berros contra a desaparición das liñas rexionais, para rematar o seu percorrido na explanada da estación ferroviaria.

A plataforma alerta de que cando entre en servizo o AVE, en 2012 segundo as previsións oficiais, as vías actuais desaparecerían, de xeito que non se poderán manter os actuais servizos entre as distintas localidades. Por iso, bota en cara ao Ministerio de Fomento e á Xunta que "non previran" esta situación.

Na protesta tamén participou o voceiro de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Popular, Alejandro Gómez, quen esixiu ao Ministerio de Fomento a creación da Xerencia territorial de proximidades na Galiza. Para iso, tamén reclamou a "participación" da Xunta posto que, ao seu xuízo, é necesario que a Administración galega "coordine os transportes metropolitanos co ferrocarril cunha tarifa única".

Avogou por que a longo prazo sexa o propio Executivo autonómico o que xestione todos estes servizos a través dun ente ferroviario galego. Ademais, Gómez Alonso subliñou as vantaxes "ambientais e enerxéticas" do servizo de proximidades.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image