
| Manifestación contra a supresión dos trens rexionais |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 08 de Maio do 2008 | Sociedade | |||
A plataforma alerta de que cando entre en servizo o AVE, en 2012 segundo as previsións oficiais, as vías actuais desaparecerían, de xeito que non se poderán manter os actuais servizos entre as distintas localidades. Por iso, bota en cara ao Ministerio de Fomento e á Xunta que "non previran" esta situación. Na protesta tamén participou o voceiro de Infraestruturas do Grupo Parlamentario Popular, Alejandro Gómez, quen esixiu ao Ministerio de Fomento a creación da Xerencia territorial de proximidades na Galiza. Para iso, tamén reclamou a "participación" da Xunta posto que, ao seu xuízo, é necesario que a Administración galega "coordine os transportes metropolitanos co ferrocarril cunha tarifa única". Avogou por que a longo prazo sexa o propio Executivo autonómico o que xestione todos estes servizos a través dun ente ferroviario galego. Ademais, Gómez Alonso subliñou as vantaxes "ambientais e enerxéticas" do servizo de proximidades.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|