Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Escaso coñecemento dos símbolos galegos Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 08 de Maio do 2008   |   Confidencial
bandeira2 O secretario xeral de Relacións Institucionais de Vicepresidencia, Xoán Antón Pérez Lema, sostivo que os galegos teñen en xeral un grande descoñecemento dos símbolos da comunidade, como o himno, o escudo e a bandeira, o que considerou consecuencia de "anos de submetimento e odio"

Neste senso, asegurou que o "himno non ten o recoñecemento social que merece", e lamentou o "escaso interese das forzas políticas estatais e certos sectores que teñen unha visión contraria a todo o que lles soa a periferia e ou separatismo".

Para facer fronte a esta situación e dar aos símbolos da Galiza o estatus que merecen, Pérez Lema animou aos galegos a "utilizar os símbolos de identidade como un elemento de unión e non de crispación".

Pérez Lema fixo estas declaracións trala inauguración en Pontevedra da exposición "Os Tempos son Chegados", que conmemora o centenario do himno galego, foi interpretado por primeira vez o 20 de decembro de 1907 na Habana.

O relato expositivo da mostra, que permanecerá en Pontevedra até o 17 de maio, Día das Letras Galegas, vai debullando en grandes paneis visuais algúns dos versos do poema de Pondal, e nos que se representa entre outros o primeiro mapa que reproduce á Galiza.

Tamén se expón a imaxe máis antiga do Escudo da Galiza e a bandeira coa reprodución máis antiga de tea conservada na Real Academia Galega, que acompañou o corpo de Curros Enríquez dende A Habana até A Coruña hai cen anos.

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >