Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Os libreiros piden a Educación que dea marcha atrás Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 08 de Maio do 2008   |   Cultura
escola Os libreiros da Galiza reclamaron á Consellaría de Educación que dea marcha atrás e cambie o sistema de gratuidade de libros de texto actual de empréstito por unha axuda directa as familias, que sexa proporcional á renda e canxeable mediante un bono-libro ou tarxeta electrónica.
Así o avala un estudo feito pola Unidade de Psicoloxía do Consumidor e Usuario da Universidade de Santiago (USC Psicom), presentado nun xantar de traballo por representantes da Asociación Galega de Editores (AGE), a Federación de Libreiros de Galiza (FLG) e a Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensino (Anele).

O presidente de Anele, José Moyano, resaltou que, segundo o informe 'Como se percibe o sistema de empréstito de libros de texto no contexto escolar galego', existen "grandes carencias", en concreto pedagóxicas, ademais da "desvalorización do libro", a "influencia negativa na industria cultural galega" e no proceso de normalización lingüística.

Neste senso, o presidente da AGE, Alfonso García Sanmartín, apuntou entre as consecuencias máis graves o feito de que a industria deixe de elaborar libros e cheguen a pechar librarías por falta de vendas, no caso de que non haxa retorno da inversión. Por iso, os empresarios resaltaron que mesmo cuestionarán editar en galego "se non é rendible".

O coordenador do estudo, Eduardo Picón, da USC, resaltou que o informe recomenda o cambio no sistema de empréstito polo de axudas directas baseándose en que "sexa universal ou cuasiuniversal"; proporcional á renda familiar, e a trocar mediante un bono-libro ou tarxeta electrónica. Deste xeito, defendeu que outras comunidades apostaron por instaurar este modelo e os resultados "están a ser plenamente satisfactorios".

Un 18% dos proxenitores indicaron que os seus fillos recibiron os libros en mal estado ou suxos, feito que "contribúe a xerar un rexeitamento do sistema". Do mesmo xeito, lamentaron que os escolares non poidan traballar directamente cos libros, sen poder subliñar, polo que recorren a fotocopias como recurso didáctico.

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image