
| Os libreiros piden a Educación que dea marcha atrás |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Xoves, 08 de Maio do 2008 | Cultura | |||
O presidente de Anele, José Moyano, resaltou que, segundo o informe 'Como se percibe o sistema de empréstito de libros de texto no contexto escolar galego', existen "grandes carencias", en concreto pedagóxicas, ademais da "desvalorización do libro", a "influencia negativa na industria cultural galega" e no proceso de normalización lingüística. Neste senso, o presidente da AGE, Alfonso García Sanmartín, apuntou entre as consecuencias máis graves o feito de que a industria deixe de elaborar libros e cheguen a pechar librarías por falta de vendas, no caso de que non haxa retorno da inversión. Por iso, os empresarios resaltaron que mesmo cuestionarán editar en galego "se non é rendible". O coordenador do estudo, Eduardo Picón, da USC, resaltou que o informe recomenda o cambio no sistema de empréstito polo de axudas directas baseándose en que "sexa universal ou cuasiuniversal"; proporcional á renda familiar, e a trocar mediante un bono-libro ou tarxeta electrónica. Deste xeito, defendeu que outras comunidades apostaron por instaurar este modelo e os resultados "están a ser plenamente satisfactorios".
Un 18% dos proxenitores indicaron que os seus fillos recibiron os libros en mal estado ou suxos, feito que "contribúe a xerar un rexeitamento do sistema". Do mesmo xeito, lamentaron que os escolares non poidan traballar directamente cos libros, sen poder subliñar, polo que recorren a fotocopias como recurso didáctico. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|