Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Pedro Gómez-Valadés expulsado do BNG Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (13 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Xoves, 08 de Maio do 2008   |   Galiza
valades O BNG de Vigo aprobou a expulsión do presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI), Pedro Gómez-Valadés, e xustificou esta medida en que foi "desleal" á organización. Este militante ten agora a posibilidade de recorrer ante distintos órganos de dirección da formación frentista

A Federación de Comunidades Xudeas emitiu un comunicado no que acusa ao BNG de "intolerancia, intransixencia e fascismo mental".

Así o confirmou a responsable comarcal do Bloque na cidade olívica, Manuela Rodríguez, que comentou que na reunión de onte se votou a favor de expulsar a Gómez-Valadés. Deste xeito, o consello comarcal avalou un informe elaborado por un relatorio creado para estudar o caso e que, ao seu xuízo, proba os feitos polos que se lle abriu un expediente disciplinario.

Manuela Rodríguez recalcou que o motivo para tomar esta decisión é o "comportamento desleal" do presidente da AGAI, e rexeitou as causas que el esgrime ante os medios, unha suposta actitude "fascista" do BNG pola súa militancia proisraelí. Así mesmo, censurou que "saque fóra da organización cuestións internas" e apuntou que o deber da dirección é garantir que se cumpran os estatutos.

Gómez-Valadés conta agora coa posibilidade de recorrer ante distintas instancias da dirección nacionalista. En primeiro lugar ante a asemblea comarcal, que se celebrará a vindeira semana e, se se ratifica a súa expulsión, pode acudir á comisión de garantías e ao Consello Nacional, máximo órgano entre asembleas.

O presidente da AGAI xa avanzou que esgotará todas as canles para esixir unha rectificación. No caso de que finalmente se confirme a súa saída obrigada da formación frentista, levará o conflito á xustiza ordinaria, xa que considera que se violarían os seus dereitos fundamentais.

A Federación de Comunidades Xudeas emitiu un comunicado no que "deplora" a decisión do Bloque, ao que acusou de "intolerancia e intransixencia" e reprochoulle o seu "fascismo mental". De feito, asegurou que Gómez-Valadés sufriu durante un ano "o distanciamento, a frialdade e o mobbing  dos seus compañeiros".

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (6)add
1
Gallego de La Coruna
Luego dicen que los del PP somos unos fachas, más fachas que los del BNG nadie. En el BNG parece que no existe derecho a pensar de otra forma distinta a la que marca la cúpula del partido, VIVA LA DEMOCRACIA DEL BNG!!! smilies/grin.gif

08 de Maio do 2008 - 14:39

2
claaaro claaaro
home dille ao pp se admiten independentistas, a ver que pasa ou todos os rollos que vos montades por pensar diferente mira o gallardon a espe e rajoy, xa foi a falar o máis indicado JA JA JA smilies/wink.gif

08 de Maio do 2008 - 15:51

3
Brath
Polo menos no BNG botan fora a merda prosionista asasina smilies/smiley.gif

08 de Maio do 2008 - 19:29

4
eu mesmo
Pero porque lle dades tanta propaganda gratuita ao nazi-sionista de marras. A noticia non está en que o BNG expulse a un axente a soldo do Estado terrorista de Israel. A noticia está en que un persoeiro de tal condición ideolóxica, antitéctica do BNG se afiliara a dita formación. Aoa amigos dos asasinos, nin auga.

10 de Maio do 2008 - 12:24

5
Xudeu antisionista
Que lhe deam
(Asilo politico no Estado Assassino de Israel)

10 de Maio do 2008 - 12:38

6
RoquiBalboa
Mundo Galiza xa lle adicou a este tema unha boa chea de entradas, algunhas delas cun titular ben tendencioso. Hai tempo recibín no meu correo unha mensaxe do Movemento polos Direitos Civís (penso que se chama asísmilies/wink.gif que me instaba a solidarizarme con estes colaboracionaistas co apartheid sionista. Coido que hai xente que, nas súas teimas persoais, perderon totalmente o norte.

12 de Maio do 2008 - 08:36

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Artigos relacionados
  1. Fascismo no BNG?

Image