Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Xeografía á Touriñesca Imprimir Correo-e
F. X. Castiñeira   |   Xoves, 19 de Outubro do 2006   |   Sinaturas - F. X. Castiñeira
fran  Estivo Pérez Touriño et alii o día 16 demostrando que de xeografía galega: cero. Resulta que non se lle ocorre á responsable de prensa outra cousa máis que convocar aos medios de comunicación para un simulacro de salvamento marítimo na ría de Betanzos, se é que existe tal fenómeno orográfico.
O caso é que Touriño e a súa corte embarca na Coruña e a armada de remolcadores, rescatadores e embarcacións menores apenas pasa da Marola para lanzar unas barreiras antichapapote. Xa en terra, comézase falar do éxito –faltaría máis- da operación realizada na ría de Betanzos-Sada-Lorbé-Seixo Branco, etc, cando en realidade non fixeran máis que entrar na ría de Ares.Esta falta de dominio xeográfico explica que Touriño cando dirixía as estradas españolas, en época de Felipe González, non mandase un peso para estes pagos galaicos. Ou si, aínda que á hora de asinar don Emilio enviase una partida para a circunvalación de Oroso, pensando que ía para Santiago, cando ía para Ourense.

 

En fin... A ría de Ares é marca xeográfica mundial.

Os pilotos que aterran en Alvedro toman como referencia a vertical da ría, o mesmo que os barcos cando fondean á espera de entrar na Coruña ancoran na entrada da ría, xusto onde os ínclitos especialistas de don Emilio sitúan Betanzos, xusto onde hai más riscos de contaminación marítima e  necesidades de salvamento.Os socialistas cero en xeografía. Como curiosidade algúns concelleiros, alcaldes e entusiastas do PSOE, e do PSdeG tamén, fixeron garda na desapracible mañá dese luns na praia do Pedrido, na propia ría de Betanzos, se é que existe, para ver ao seu líder metidiño nun bote.
 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image