
| Dimitirán 190 equipos de Normalización Lingüística? |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 09 de Maio do 2008 | Cultura | |||
Así o aseguraron en Santiago de Compostela os responsábeis nacionais de CIG-Ensino, Anxo Louzao; a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Xoán Costa, e a Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón. Os tres acudiron ao rexistro da Consellaría de Educación para facer entrega das reivindicacións e propostas asinadas polos coordinadores e coordinadoras dos Equipos de Normalización Lingüística, así como unha petición de reunión coa conselleira, Laura Sánchez Piñón, á maior brevidade posíbel.
No documento presentado os asinantes demandan que a Consellaría avalíe o cumprimento do Decreto e “faga un labor de promoción entre toda a comunidade educativa”, así como a elaboración dun “plano de formación dentro do horario lectivo que abranga todo o profesorado”.
Tamén se reclama “a creación dunha Dirección ou Subdirección Xeral de Normalización Lingüística dentro da Consellaría de Educación” e que esta poña “á disposición dos Equipos de Normalización Lingüística e dos centros educativos todos os recursos e materiais didácticos necesarios en galego para todas as áreas”. Ademais, solicítase que “a inspección educativa teña como fin primordial a vixilancia do cumprimento do Decreto 124/2007”.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, sinalou que todas estas demandas estarán tamén presentes na mobilización nacional “Polo dereito a vivirmos en galego”, que se celebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 18 de maio e cuxo manifesto subscribiron xa máis de 200 colectivos, entre os que se atopan tamén a CIG e maila AS-PG.
Para o secretario nacional de CIG Ensino, Anxo Louzao, “as demandas dos equipos de normalización teñen de resolverse neste mes, xa que non se pode iniciar un novo curso académico nesta situación”. Louzao cualificou de “exemplo a seguir por toda a comunidade educativa” aos 190 equipos asinantes e valorou a participación na campaña como “moi importante”, tanto pola cantidade de centros implicados como porque os asinantes son dos equipos de normalización lingüística máis dinámicos e con máis actividades.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|