
| Compostaxe doméstica descentralizada no concello de Arzúa |
|
|
Dita reunión de participantes de compostaxe doméstica terá lugar no Salón Multiusos do concello de Arzúa o sábado día 10 de Maio ás 11: 00 horas. Trala formación efectuarase o reparto de material, e os participantes asinarán un contrato de aceptación das condicións do proxecto. O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un abono de calidade, e concienciar aos cidadáns acerca da problemática asociada aos residuos. Para elo se repartirá un composteiro de 420 litros a cada familia. Asimesmo, se lles proverá dun manual para coñecer máis de preto o proceso e asesoramento técnico a domicilio e por teléfono, por parte dos monitores de Amigos da Terra. A difusión do proxecto entre os cidadáns, así como a selección dos beneficiarios, estivo a cargo do Concello de Arzúa. Os requisitos para participar incluían o habitar unha vivenda unifamiliar con parcela anexa cultivada , a concienciación ambiental e o número de habitantes da vivenda. Finalmente, escolleronse 50 familias participantes que cumprían estes requisitos. Unha vez se inicie o proceso nas vivendas, realizaranse tres visitas nos domicilios dos participantes, así como algunha visita extra si fora solicitada, para resolver dúbidas e recoller datos relativos á evolución do proxecto. Por último, transcorridos oito meses se extraerán mostras para ser analizadas , demostrando así a viabilidade do proceso e a calidade do produto obtido.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|