Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Compostaxe doméstica descentralizada no concello de Arzúa Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Venres, 09 de Maio do 2008   |   Sociedade
amigosdaterra

Xa son preto de 170 as familias que actualmente xestionan os seus propios residuos orgánicos no concello de Arzúa; e este sábado sumaranse 50 familias máis a esta segunda fase do proxecto. O proceso iniciase cunha reunión informativa da execución do proxecto e tamén formativa acerca do proceso de compostaxe cas partes implicadas no proxecto e os participantes seleccionados.  

Dita reunión de participantes de compostaxe doméstica terá lugar no Salón Multiusos do concello de Arzúa o sábado día 10 de Maio ás 11: 00 horas. Trala formación efectuarase o reparto de material, e os participantes asinarán un contrato de aceptación das condicións do proxecto.

O obxectivo do proxecto é o de reducir os residuos orgánicos producidos no concello, obter un abono de calidade, e concienciar aos cidadáns acerca da problemática asociada aos residuos. Para elo se repartirá un composteiro de 420 litros a cada familia. Asimesmo, se lles proverá dun manual para coñecer máis de preto o proceso e asesoramento técnico a domicilio e por teléfono, por parte dos monitores de Amigos da Terra.

A difusión do proxecto entre os cidadáns, así como a selección dos beneficiarios, estivo a cargo do Concello de Arzúa. Os requisitos para participar incluían o habitar unha vivenda unifamiliar con parcela anexa cultivada , a concienciación ambiental e o número de habitantes da vivenda. Finalmente, escolleronse 50 familias participantes que cumprían estes requisitos.

Unha vez se inicie o proceso nas vivendas, realizaranse tres visitas nos domicilios dos participantes, así como algunha visita extra si fora solicitada, para resolver dúbidas e recoller datos relativos á evolución do proxecto. Por último, transcorridos oito meses se extraerán mostras para ser analizadas , demostrando así a viabilidade do proceso e a calidade do produto obtido.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image