
| Corrupción policial en Coslada |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 09 de Maio do 2008 | Estatal | |||||||
Segundo fontes policiais, o primeiro edil axudou e colaborou "estreitamente" coa Policía Nacional na investigación dos feitos, aportándolles datos e todo o que lle foi demandado desde que a pasada mañá comezaran a se producir as primeiras detencións. A primeira delas foi a do xefe de Policía Local, Ginés Jiménez, presunto cabecilla da trama de corrupción, quen foi arrestado no seu domicilio. Por unha banda, investígase se, como se denunciou, algúns axentes cobraban ás prostitutas por deixalas exercer na rúa, pedíanlles diñeiro ou, incluso, que lles pagaran con relacións sexuais. O outro flanco da investigación é o da extorsión a locais de alterne, de lecer e establecementos en xeral como comercios ou tendas de alimentación. Os investigadores conseguiron o testemuño de numerosos comerciantes, e todos apuntaban nun sentido: a extorsión. Sicilia ou Chicago? Non, é Madrid Menuda policía, isto parece sacado dun filme de mafiosos.
|
|||||||
| < Ant. | Seg. > |
|---|