
| Euskadi cunha fiscalidade propia |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 09 de Maio do 2008 | Internacional | |||
O dictame da avogada xeral --que non vincula ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE) pero que os xuíces seguen nunha grande maioría dos casos-- refírese á cuestión prexudicial suscitada polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) en setembro de 2006. O Tribunal vasco reclamou ao europeo que aclarase se, de acordo coa lexislación da UE, a fiscalidade vasca pode ser diferente á vixente no resto de España.
Para iso, baseábase no precedente establecido pola sentenza sobre a fiscalidade das illas Azores, que abría esa posibilidade e determinaba en que condicións poden os entes distintos aos Estados fixar a súa propia fiscalidade. Esta autonomía requiere catro condicións e, segundo a interpretación da avogada xeral, o País Vasco cumpre as catro. A primeira sería que a entidade infraestatal teña autonomía institucional. A este respecto, Kokott sinala que nin o tribunal remitente nin quen presentaron observacións ante o Tribunal de Xustiza teñen dúbida algunha sobre a autonomía institucional do País Vasco e as súas institucións. O segundo requisito é que o Estado central non teña ningunha posibilidade de intervir decisivamente no procedemento de adopción das normas tributarias territoriais. En canto a esta cuestión, a avogada xeral entende que das disposicións da Constitución, do Estatuto de Autonomía e do Concerto Económico non se desprende que o Goberno central teña a facultade de decidir en última instancia. En terceiro lugar, a entidade infraestatal debe dispor dunha ampla marxe para configurar as disposicións tributarias que lle permitan perseguir fins de política económica propios. A avogada xeral sinala que corresponde ao TSJPV determinar se se cumpre este requisito. No entanto, rexeita a alegación de que os Territorios Históricos de Álava, Guipúzcoa e Bizkaia carecen de suficiente autonomía porque as súas disposicións están submetidas a un control xurisdiccional. Finalmente, a entidade infraestatal debe asumir as consecuencias económicas da merma de recadación que poida derivarse das normas máis favorables que difiran da normativa do Estado central. Kokott recoñece que é difícil determinar en que medida os ingresos fiscais dos Territorios Históricos e as modificacións resultantes das novas medidas fiscais influíron no importe das transferencias económicas realizadas por eles ou pola Comunidade Autónoma do País Vasco ao Estado. |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|