Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Euskadi cunha fiscalidade propia Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Venres, 09 de Maio do 2008   |   Internacional
eurocamara A avogada xeral do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, Juliane Kokott, dictaminou que o País Vasco pode fixar unha fiscalidade propia máis favorable que a do resto do Estado español porque dispón de suficiente autonomía no exercicio das súas competencias lexislativas en materia tributaria.  
O dictame da avogada xeral --que non vincula ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE) pero que os xuíces seguen nunha grande maioría dos casos-- refírese á cuestión prexudicial suscitada polo Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSJPV) en setembro de 2006. O Tribunal vasco reclamou ao europeo que aclarase se, de acordo coa lexislación da UE, a fiscalidade vasca pode ser diferente á vixente no resto de España.

Para iso, baseábase no precedente establecido pola sentenza sobre a fiscalidade das illas Azores, que abría esa posibilidade e determinaba en que condicións poden os entes distintos aos Estados fixar a súa propia fiscalidade.

Esta autonomía requiere catro condicións e, segundo a interpretación da avogada xeral, o País Vasco cumpre as catro. A primeira sería que a entidade infraestatal teña autonomía institucional. A este respecto, Kokott sinala que nin o tribunal remitente nin quen presentaron observacións ante o Tribunal de Xustiza teñen dúbida algunha sobre a autonomía institucional do País Vasco e as súas institucións.

O segundo requisito é que o Estado central non teña ningunha posibilidade de intervir decisivamente no procedemento de adopción das normas tributarias territoriais. En canto a esta cuestión, a avogada xeral entende que das disposicións da Constitución, do Estatuto de Autonomía e do Concerto Económico non se desprende que o Goberno central teña a facultade de decidir en última instancia.

En terceiro lugar, a entidade infraestatal debe dispor dunha ampla marxe para configurar as disposicións tributarias que lle permitan perseguir fins de política económica propios. A avogada xeral sinala que corresponde ao TSJPV determinar se se cumpre este requisito. No entanto, rexeita a alegación de que os Territorios Históricos de Álava, Guipúzcoa e Bizkaia carecen de suficiente autonomía porque as súas disposicións están submetidas a un control xurisdiccional.

Finalmente, a entidade infraestatal debe asumir as consecuencias económicas da merma de recadación que poida derivarse das normas máis favorables que difiran da normativa do Estado central. Kokott recoñece que é difícil determinar en que medida os ingresos fiscais dos Territorios Históricos e as modificacións resultantes das novas medidas fiscais influíron no importe das transferencias económicas realizadas por eles ou pola Comunidade Autónoma do País Vasco ao Estado.
Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image