Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Segunda moción de censura a Sócrates Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Venres, 09 de Maio do 2008   |   Portugal
sec_geral O primeiro ministro portugués, José Sócrates, que goberna con maioría absoluta, saíu onte victorioso da moción de censura, a segunda en menos de cinco meses, presentada polo Partido Comunista (PC), que ademais dos votos en contra dos socialistas contou coa abstención dos partidos da dereita.  
O novo Código de Traballo foi o motivo principal da moción de censura, aínda que o PC argumenta ademais que a política do goberno socialista fixo ao país "máis desigual, máis inxusto e menos democrático". En opinión dos comunistas, "aínda que o Parlamento rexeite a moción de censura, esta é aprobada polo país".

O PC está preocupado por unha serie de problemas, como o aumento dos impostos nos últimos tres anos, o dos bens e servizos, a pechadura de servizos públicos na área da saúde, e a política de "baixos salarios e explotación dos traballadores" que, na súa opinión, defende o novo Código de Traballo do Executivo.

No debate, o primeiro ministro considerou que "pode haber moitos motivos para censurar ao Goberno, pero este (o código de traballo) é o motivo equivocado", xa que este código, dixo, "é para defender a economía e aos traballadores".

Esta moción, do mesmo xeito que a presentada polo Bloco de Esquerda en xaneiro, tivo o voto en contra dos socialistas, con maioría absoluta no Parlamento. O principal partido da oposición, os socialdemócratas (centro dereita) do PSD e o Partido Popular, abstivéronse. A favor votaron o Bloco de Esquerda, os comunistas e os verdes. Ao final foi rexeitada con 113 votos en contra, 78 abstenciones e 21 a favor.

Na historia da democracia portuguesa só nunha ocasión triunfou unha moción de censura. En 1987, cando gobernaba en minoría o PSD con Aníbal Cavaco Silva. O resultado foron unhas eleccións anticipadas que gañaron os socialdemócratas con maioría absoluta.
Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
Seg. >

Image