Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A sociedade galega moi por encima dos gobernos Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (3 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Venres, 09 de Maio do 2008   |   Galiza
nogueira O político nacionalista Camilo Nogueira puxo en valor a "marabillosa e extraordinaria" reacción da sociedade galega á entrada do Estado español na Unión Europea "a pesar dos gobernos de Madrid e de Santiago". 
Así se expresou onte Nogueira antes da presentación dos seus dous novos ensaios, 'Europa, o continente pensado' e 'Galiza na Unión. A porta Atlántica', nos que reflexiona sobre a evolución da realidade política europea e a participación da Galiza neste proceso.

Neste senso, o que fora eurodeputado polo BNG destacou o papel da cidadanía galega trala integración que, ao seu xuízo, permitiu un crecemento económico "extraordinario". Porén, mostrouse moi crítico con algunhas decisións de Europa e con como xestionou España a súa presenza.

Puxo o exemplo dos "vetos" á construción naval, e a pesar deles a día de hoxe a comunidade é unha "potencia" no sector. Tamén censurou a repartición que o Goberno central realizou dos fondos de cohesión, ao "apropiarse" deles para destinalos ao eixe Barcelona-Madrid-Sevilla.

Ademais, reivindicou o lugar da Galiza na Unión Europea e asegurou que a capital española é "moito máis excéntrica" que o territorio galego. Tamén defendeu a relación con Portugal e resaltou que, a día de hoxe, os intercambios comerciais co país irmán son máis intensos que con zonas como Andalucía ou Levante.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image