
| A sociedade galega moi por encima dos gobernos |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Venres, 09 de Maio do 2008 | Galiza | |||
Neste senso, o que fora eurodeputado polo BNG destacou o papel da cidadanía galega trala integración que, ao seu xuízo, permitiu un crecemento económico "extraordinario". Porén, mostrouse moi crítico con algunhas decisións de Europa e con como xestionou España a súa presenza. Puxo o exemplo dos "vetos" á construción naval, e a pesar deles a día de hoxe a comunidade é unha "potencia" no sector. Tamén censurou a repartición que o Goberno central realizou dos fondos de cohesión, ao "apropiarse" deles para destinalos ao eixe Barcelona-Madrid-Sevilla. Ademais, reivindicou o lugar da Galiza na Unión Europea e asegurou que a capital española é "moito máis excéntrica" que o territorio galego. Tamén defendeu a relación con Portugal e resaltou que, a día de hoxe, os intercambios comerciais co país irmán son máis intensos que con zonas como Andalucía ou Levante.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|