Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
"Cruzada antigalega do Estado" Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (3 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Venres, 09 de Maio do 2008   |   Galiza
marisol A secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta, Marisol López, considerou hoxe que a impugnación presentada pola Subdelegación do Goberno na Coruña sobre o regulamento do uso do galego no Concello de Cedeira -no que recolle a lingua galega como oficial- constitúe un "diálogo" entre dúas institucións e responde a un "intercambio de opinións".

Así o interpretou Marisol López no seo da Comisión Institucional, celebrada hoxe no Parlamento autonómico, en resposta a unha interpretación formulada polo deputado do BNG Bieito Lobeira na que se interesou por coñecer a avaliación da Xunta ante esta "cruzada antigalega do Estado".

Marisol López rexeitou realizar consideracións "até que sexa oficial" xa que, de momento, "é só un diálogo" a xeito de alegacións entre dúas institucións e "non se debe crear unha confrontación que non existe".

Bieito Lobeira replicou que "isto non é un intercambio de opinións" senón unha "vulneración" do dereito do concello de Cedeira a que os proxectos, estudos ou comunicacións do concello sexan dirixidas en galego nun contexto no que o 68 por cento da poboación, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), fala sempre galego e o 91 por cento sempre ou case sempre.

A secretaria xeral de Política Lingüística defendeu empregar "pedagoxía", mentres que o deputado nacionalista esixiu que o Executivo autonómico "faga respectar" o idioma galego ante as "sucursais de Madrid na Galiza".

Neste sentido, preguntouse se "non sería bo que o Goberno estatal puxese o mesmo afán en cumprir a legalidade e non en impugnar" e dubidou sobre a posibilidade de que 'este diálogo' non remate nun demanda xudicial. Ao respecto, Marisol López asegurou que "non ten ningún indicio" de que se poida converter nun proceso xudicial, pero Lobeira recordoulle que aconteceu noutras ocasións, nas que hai "sentenzas firmes" a favor da defensa dos dereitos lingüísticos, como no caso do topónimo da Coruña.

Lobeira considerou que é incongruente que "non haxa conflito e que ao mesmo tempo os galegos non se poidan expresar con liberdade". "Vimos dun bilingüismo harmónico, é xenial", riu o deputado do Bloque.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image