Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Manifestación contra Reganosa Imprimir Correo-e
  • Currently 3.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 3.0/5 (2 votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 10 de Maio do 2008   |   Sociedade
reganosa3
Máis dun centenar de persoas participaron en Ferrol na protesta convocada polo Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol, en contra da situación de Reganosa en Mugardos, a pesar de que a manifestación estaba prohibida pola subdelegación do Goberno.

A protesta transcorreu sen incidentes, escoltada pola Policía Nacional e ante a presenza de varios furgóns de antidisturbios, polas distintas rúas do centro de Ferrol e con paradas ante as sedes dos principais accionistas de Reganosa, para poñer "nome e cara" aos responsables dunha instalación que o Comité considera unha "ameaza para a vida da poboación".

A mobilización celebrouse dende as 18.00 horas, a pesar de estar prohibida pola subdelegación del Gobierno, que no día de onte comunicou ao Comité que a protesta non estaba autorizada debido á súa "comunicación extemporánea", ao ser solicitada sen cumprir o prazo previsto.

Nembargantes, dende o Comité mantivo a convocatoria e o percorrido previsto. O seu voceiro, Manuel Rodríguez Carballeira, asegurou que a manifestación foi anunciada á subdelegación por fax o mércores, "hai 48 horas, con maior antelación que moitas das 19 concentracións que se realizaron ata o momento ante a entrada na ría de buques gaseros para Reganosa".

Rodríguez Carballeira resaltou que algunhas protestas se convocaron no mesmo día da súa celebración, porque "non sabe cando vai chegar un gaseiro", sen que ata o momento fosen nunca prohibidas.

Os manifestantes, tras unha pancarta na que demandaban o traslado de Reganosa ao exterior da ría e alertaban da "ameaza" que supón para a poboación, iniciaron a mobilización ante a Xunta de Galicia, xa que a administración autonómica participa no capital de Reganosa nun 10%.

A continuación, a marcha dirixiuse cara ao supermercado de "Gadis" no barrio de Esteiro -o Grupo Tojeiro posúe o 18% de Reganosa-, ante o que colocaron un cartel no que se lía a seguinte frase: "Sabías que Tojeiro, dono de Gadisa, é o propietario do 18% da planta de gas de Reganosa que ameaza a vida de miles de persoas, a ría e o Patrimonio?".

Con paradas e carteis similares, continuou a protesta ante as sedes de Caixanova e do Banco Pastor -dispoñen dun 5% de Reganosa cada unha das entidades-, de Unión FENOSA -conta co 21%- e Caixa Galicia -accionista nun 10%-, até finalizar de novo ante a praza de España.

Con esta mobilización, o Comité Cidadán, constituído en 2001 por máis dun centenar de asociacións, continúa coas súas accións de protesta contra a situación de Reganosa no interior da ría, por entender que incumpre a distancia mínima esixida á poboación e que non pode acreditar que os buques gaseiros realicen saídas a alta mar en casos de emerxencia.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image