Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Diñeiro público para a COPE Imprimir Correo-e
  • Currently 0.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 0.0/5 ( votos totais)

Redacción MundoGaliza   |   Sábado, 10 de Maio do 2008   |   Estatal
cope.gif A emisión do programa de radio de Federico Jiménez Losantos desde Canarias, no que o entrevistado foi o socialista Jerónimo Saavedra, actual alcalde das Palmas, provocou malestar entre os militantes socialistas, malestar que comparte o presidente do Cabildo de Gran Canaria, o socialista José Miguel Pérez, cuxa administración aportou, sen que el o soubera, 12.000 euros para costear os gastos do evento
Trátase dun acordo que asinou de forma unilateral o conselleiro de Turismo, Novas Tecnoloxías e Comercio Exterior do Cabildo, Roberto Moreno, cos responsables da COPE e co fin de promocionar o turismo na illa. Pérez cuestionou que o citado espazo de Losantos tivese algo que ver coa promoción turística.

O presidente do Cabildo asegurou que se decatou da presenza do xornalista Losantos a través dos medios de comunicación e engadiu que non o invitou a asistir ao seu programa, aínda que estaba “moi contento” de que non o fixera. 

Fontes próximas ao Conselleiro de Turismo aseguraron que se asinan contratos de promoción turística coa COPE do mesmo xeito que se fai con outros medios como a SER, RNE ou calquera televisión. 

José Miguel Pérez substituíu a José Manuel Soria á fronte do Cabildo en xullo de 2007, tralas eleccións autonómicas. Durante o mandato do PP, si se discriminou a determinados medios como a SER e o periódico Canarias Ahora, críticos co seu Goberno, que estaban vetados e non recibían publicidade institucional. Pola contra, medios como a COPE ou El Mundo e outros, si se beneficiaron de forma habitual das campañas institucionais do Cabildo.

Outra mostra do favoritismo pepeiro cara aos seus é a creación do Foro Literario Vargas Llosa, ao que o Cabildo de Soria aportou 200.000 euros e, segundo as facturas aportadas, xustificáronse 140.000.

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image