
| Uso do galego no SERGAS |
|
|
Para A Mesa, “malia que a xestión e funcionamento das diferentes instalacións sanitarias galegas foi transferida xa hai anos á Xunta de Galiza, que creou o SERGAS, un simple paseo por calquera centro de saúde ou complexo hospitalario de calquera das nosas vilas ou cidades fainos pensar que realmente a rede sanitaria pública depende de Madrid, Castela ou Andalucía”. A organización explica que, aínda que hai unha parte da sinalización estándar e dos formularios que si están en galego, os escritos e avisos do día a día dos centros exclúen “de xeito aplastante” a lingua propia de Galiza. O galego tamén está “maioritariamente excluído” na atención ao público, tanto presencial como telefónica. Para A Mesa, “a gravidade deste incumprimento é maior se temos presente que a maior parte da poboación galega que acude ao SERGAS é galego falante”. Tales vulneracións foron denunciadas pola Mesa perante o Consello de Europa, pois o SERGAS “conculca ostensibelmente o estipulado pola Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”. Por iso, a entidade cívica pediulle ao organismo europeo que inste ao SERGAS a dotarse dun plan de galeguización, no cal debe ter especial importancia un proxecto de formación lingüística para o seu persoal. A campaña da Mesa, enmarcada dentro dos actos previos á manifestación do domingo 18 de maio, consistirá principalmente na difusión polos principais centros da rede do SERGAS dun modelo de escrito para solicitar a garantía dos dereitos lingüísticos por parte da Consellaría de Sanidade. Este escrito pódese descargar tamén na páxina web da Mesa: - http://www.amesanl.org/campanhas/reclamacion_centrosmedicos_individual_galego.doc - http://www.amesanl.org/campanhas/reclamacion_centrosmedicos_individual_galego.pdf
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|