
| Irmanarse coa cidade brasileira de Salvador de Bahía |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Domingo, 11 de Maio do 2008 | Sociedade | |||
Entre as bases que sustentarán o irmanamento, o Concello ourensán sinalou a "ampla presenza de emigrantes" desta cidade de San Salvador de Bahía así como "as proximidades culturais e lingüísticas". Dentro dos trámites para executar o irmanamento, os dous mandatarios acordaron "preparar unha misión empresarial" na que membros de goberno brasileiro e "destacados empresarios" do país sudamericano "coñezan as fórmulas de incubación das empresas ourensás". Ademais de reunirse con Valdenor Cardoso, o rexedor ourensán mantivo un encontro cunha delegación de empresarios galegos en Brasil para darlles a coñecer os "novos escenarios de crecemento aos que se enfronta Ourense", xerados pola "chegada do AVE e o desenvolvemento do Plan Termal".
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|