Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Un sistema informático axuda a identificar e previr a violencia na escola Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Domingo, 11 de Maio do 2008   |   Curiosidades
escola
Un sistema informático, o software 'ieSocio', axuda aos educadores a identificar e previr a violencia na escola e xa foi probado en máis dun centenar de centros de secundaria de Madrid e Castilla e León dende 2004. Os resultados apuntan que é unha ferramenta eficaz para combater o acoso escolar.
Coas estatísticas creadas polo sistema é posible incluír os alumnos de xeito estratéxico en redes ou outros grupos que non os rexeiten ou maltraten. Presentado polo psicólogo Javier Martín Barro, nunha xornada organizada na Coruña pola Fundación María José Jove e a Asociación para a Prevención e Intervención Psicolóxica (CHISEM).

Este sistema desenvolvido pola Unidade de Psicoloxía Preventiva da Universidade Complutense de Madrid e o Instituto Salvador Allende de Fuenlabrada, contén preguntas de carácter sociométrico que permiten identificar cáles son os alumnos rexeitados polos seus compañeiros.

O programa debe ser utilizado durante todo o ano lectivo, pois instálase en setembro e os alumnos contestan as preguntas en outubro ou novembro para que a xefatura de estudios poida actuar con tempo durante o ano académico.

Por outra parte, o servizo de mediación 'Solucionando Xuntos', que desenvolveron a Fundación María José Jove, a Xunta e CHISEM en oito centros educativos galegos, demostrou que nos que foi máis activo o servizo de mediación se notou unha mellora substancial na convivencia e que para o 76 por cento dos estudantes a mediación foi satisfactoria.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image