
| Terra Galega ante o DECRETO 262/2007 |
|
|
As normas que agora se regulan no decreto 262/2007, promovidas pola Consellería de Vivenda e aprobadas pola XUNTA DE GALICIA (BNG-PSOE), afectan e modifican especialmente:
- as dimensións e medidas das novas construcións que se fagan en todo o territorio galego, - pasar dunha esixencia mínima de 26 a 40 metros cadrados útiles, - modificar a altura mínima a 2,70 metros, - esixir que todos os habitáculos ou espazos internos agás o baño, deben ser exteriores, - así como unha modificación radical e profunda respecto dos criterios elaborados ou revisados desde hai máis de 20 anos polas corporacións constituídas a partir da aprobación da Constitución de 1978, os cales, por certo, xa están consolidados en tódolos Concellos Galegos a través dos Planes Urbanísticos
O establecemento desta nova norma 262/2007, elaborase e ponse en vigor por un ORGANO GALEGO, por unha INSTITUCIÓN GALEGA, como é a XUNTA DE GALICIA, INSTITUCIÓN GALEGA, que non recolle nin recaba a opinión dos concellos galegos. Non podemos definir doutro xeito esta nova norma se non é como unha norma que, feita desde arriba, impón, atenta e limita a AUTONOMÍA dos concellos en materia urbanística, principal competencia a responsabilidade dos concellos.
É rexeitable que a Xunta de Galicia, a través da Consellería da Vivenda, non teña o acordo cun órgano supramunicipal como é a FEGAMP, pero aínda máis rexeitable o feito de que dita Consellería non sometera a consideración de todos e cada un dos 315 concellos galegos o anteproxecto de decreto que agora entrou en vigor, dado que non hai ningún órgano supramunicipal como a FEGAMP, o que ten a obriga de velar pola legalidade e do bo facer urbanístico.
Os concellos galegos son os que teñen o deber e a obriga de velar por dita legalidade e esta función véñena facendo ben desde hai anos. A raíz do avance da nosa terra débese grazas aos Concellos máis que a ningunha outra institución, AUTONOMICA OU ESTATAL.
Co actual decreto estase a negar o bo facer dos Concellos a prol dunha Galicia na que a súa cultura urbanística foi de novo nos últimos anos resaltada e posta en valor.
CONSECUENCIAS DAS NORMAS 262/2007.
A primeira consecuencia é que esas NORMAS DO HÁBITAT GALEGO, fanse sen acordo nin consenso nin coa FEGAMP, nin cos concellos. Tampouco se teñen en conta aos profesionais, polo que, a primeira consecuencia non é outra que o rexeitamento xeneralizado dos concellos e colexios técnicos contra esta norma.
A ameaza da FEGAMP, de presentar un contencioso administrativo contra das normas provoca un conflito entre a máxima institución representativa da nosa terra que é a XUNTA, e as institucións máis próximas aos veciños que son os concellos.
A XUNTA DE GALICIA, que debería ser unha institución que promovera solucións aos problemas reais dos galegos, con este novo decreto garante un potente conflito entre as institucións do país. Un conflito que non se deu en ningunha outra comunidade autónoma, dáse aquí en Galicia.
Non se pode elaborar unha norma que é atemporal, e dicir, que debería durar moitos mandatos electorais sen un consenso previo entre forzas políticas con presenza respectable na nosa comunidade.
Os partidos que gobernan agora na XUNTA (PSOE-BNG), son os únicos, que coa imposición deste tipo de decretos , SUMINISTRAN RAZÓNS aos partidos alternativos, como neste caso o PPdeG, para que oferten aos electores unha derogación de decretos ou leis que outros fixeron, decretos cun claro contido partidista, aínda que se tiñan coma proxectos para a mellora dos cidadáns.
Os CONCELLOS GALEGOS deberán adaptar os seus plans a nova norma, o que implica máis tempo e custo económico, provocando un encarecemento das vivendas.
Os CONCELLO GALEGOS terán o papel, novamente, de vixilantes e sancionadores por incumprimento ou non aplicación desta norma. Pola contra quedan na ilegalidade e sen recibir medios nin seguridade xurídica para cumprir as normas.
Os CONCELLOS GALEGOS, perden poder de decisión e execución na xestión urbanística, debendo estar tutelados pola CONSELLERÍA OU CONSELLERÍAS e polos órganos que estas sempre crean cando elaboran un decreto. Á creación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística creada no 2007 pola Consellería de Política Territorial, súmase agora a creación dun Comité Asesor para o cumprimento da norma do Hábitat. É dicir, que se se multiplica a creación de órganos dependentes da XUNTA para vixiar pola aplicación e cumprimento das normativas, estase a demostrar que, a actual XUNTA, non cree NA CAPACIDADE E AUTORIDADE DOS CONCELLOS EN POLITICA URBANISTICA.
TERRA GALEGA ante o DECRETO 262/2007
Terra Galega, manifesta o seu rexeitamento do actual decreto 262/2007 “NORMAS DO HÁBITAT GALEGO”, promovido pola Consellería de Vivenda e aprobado pola XUNTA DE GALICIA, por entender que dito decreto non vai no camiño de ampliar a AUTONOMÍA MUNICIPAL nas competencias e decisións urbanísticas , senón que vai no sentido oposto.
Terra Galega entende que o decreto 262/2007, non ten o respaldo social nin político suficiente, (nin cualitativo, nin cuantitativo), e que unha norma ou lei precisa para cumprir o obxectivo que di perseguir.
Terra Galega, entende que se debería facer unha avaliación previa sobre os diferentes aspectos que poden afectar a cada un dos 315 concellos do país, tales como aspectos urbanísticos, modificación e adaptación de Plans Xerais de Ordenación Urbanística, rehabilitación de vivendas nos próximos anos por parte dos gobernos municipais, ou os custos económicos que este decreto vai supor para os concellos, particulares e promotores - construtores. Sen un estudio previo que recolla todos estes aspectos, o decreto debería de ser suspendido de inmediato.
Calquera continuidade ou modificación para que o decreto sexa aceptable debe ter unha avaliación dos aspectos anteriormente sinalados, sen que estes sexan limitativos.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|