Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Andaina polo Bidueiral de Montederramo Imprimir Correo-e
  • Currently 5.0/5 Stars.
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5

Cualificación: 5.0/5 (1 votos totais)

Domingo, 11 de Maio do 2008   |   Sociedade
amigosdaterra

O vindeiro domingo 18 de maio, Amigos da Terra dentro do Programa "Maio Xove" da Casa da Xuventude de Ourense, organiza unha andaina polo Bidueiral de Montederramo na Serra de San Mamede. Camiñaremos pola Serra de San Mamede coñecendo varios ecosistemas de montaña observando bosques autóctonos e ribeira, e tamén diferentes problemáticas ambientais coma o efecto dos incendios, a proliferación de pistas, etc.

Pola tarde percorreremos o Bidueiral de Montederramo, no que as cores brancas das cortizas dos bidueiros acompañaranos durante nosa andaina. Este bosque esta catalogado coma LIC lugar de importancia comunitaria dentro da Rede Natura 2000 e é considerado coma o bidueiral mais importante localizado ao sur de Europa e un dos bosques autóctonos mellor conservado da provincia de Ourense.

PROGRAMA:

Domingo 18

10:00 h. Saída do Parque de San Lázaro de Ourense.

11:00 h. As Corcerizas - Bidueiral de Montederramo

14:00 h. Xantar no Bidueiral

15:30 h. Bidueiral - Fontedoso (Montederramo)

18:00 h. Volta en autobús dende Fontedoso cara Ourense

Dificultade: media-baixa.

Consellos: calzado cómodo, roupa de abrigo, protección solar, impermeable por se chove, comida e bebida para a andaina .

Inscricións ata as 14:00 horas do venres 16 de maio nos teléfonos 988 374 318 (Amigos da Terra) e 988 228 500 (Casa da Xuventude).

 

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley


Escribe os carácteres da imaxe


 
< Ant.   Seg. >

Image