Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Fraga e a súa España Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Luns, 12 de Maio do 2008   |   Estatal
fraga2

O senador e ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga, considera necesario abordar o debate autonómico e reformar o financiamento para afrontar "sandeces independentistas" e a quen formula a división do país, "a descomposición de España a base de referendo, algo polo que non pasarei nunca mentres poida evitalo", recalcou.

Ao seu xuízo, hai que poñer enriba da mesa este debate "porque entre tanto lle deixamos a palabra libre ao señor Carod Rovira, que fala de independencia de Cataluña e doutras sandeces".

Para o senador, o problema entre Comunidades Autónomas é "de concepto", pero o financiamento é un "parte importantísima" deste. "Estase a discutir como se valoran as contas autonómicas, etc. Ese é o camiño e non formular a base de referenda a descomposición de España, polo que non pasarei nunca mentres poida evitalo", recalcou.

Manuel Fraga recordou os seus 16 anos en Galicia, -"dos máis gratos da miña vida"-, e describiu o seu goberno na Xunta como a demostración de que "o Estado autonómico pode funcionar sen problemas co poder central". "Galicia caeu despois en mans de dous partidos que xuntos sumaron un escano máis que eu, pero que non se entenden. E veremos como remata aquilo", agregou ao respecto.

Tamén se mostrou contrario o presidente fundador do PP a que se manteña no Estatuto catalán o termo nación referido a esa Comunidade, un dos contidos do texto recorridos ante o Tribunal Constitucional e sobre o que haberá sentenza. "Unha vez que se pon a palabra, haberá quen tirará dela, estea onde estea. Non hai máis que unha nación que é España, con rexións autónomas que poden levar a autonomía moi lonxe, como eu fixen en Galicia. Pero sen enfrontalas co conxunto de España, que é unha e varia", expuxo.

"Non cabe dúbida de que a palabra nación aí metida serviría de base aos Carod Rovira moito máis que aos que, como eu, pensamos que Cataluña é unha parte, nobilísima, magnífica, fundadora da realidade española", concluíu sobre a cuestión.

 

Comentarios (1)add
1
Fran
Xubilación, para que non diga sandeces este home, xa!!!

Maio 12, 2008

Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Artigos relacionados
  1. Insultos entre o PP e ERC

Image