Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
A Executiva do SLG usurpa as funcións da Dirección Nacional Imprimir Correo-e
Luns, 12 de Maio do 2008   |   Confidencial
logoslg
Ás 13 horas desta mesma mañá, na sede comarcal do Sindicato Labrego Galego, tiña lugar unha rolda de prensa convocada por un grupo de afiliados e afiliadas do SLG, encabezados por Xurxo Álvarez, todos/as eles/as membros da Dirección Nacional deste sindicato, para denunciar a falta de debate interno existente entre a Executiva e estoutro órgano decisorio.

Os convocantes denuncian o feito de que a Executiva estea usurpando poderes que, tradicionalmente e segundo a estrutura organizativa propia, correspondían á Dirección Nacional, como órgano decisorio competente. Isto deriva en que, as posibles solucións aos grandes temas a tratar correspondentes tanto á liña sindical como de xestión interna, son unilateralmente tomados pola Executiva, sen ter en consideración as posturas de máis afiliados e afiliadas.

Como mostra destas acusacións, Xurxo Álvarez, tamén voceiro da corrente de opinión inserida dentro do SLG chamada Encontro Nacional Labrego, fixo pública a decisión que levou ao terzo necesario para solicitar unha Asemblea Extraordinaria da Dirección Nacional, a asinar un comunicado, aló polo mes de marzo, dirixido á Secretaria Xeral do SLG, solicitando de urxencia a reunión da Dirección Nacional.

Esta solicitude, por escrito, entregada en man á Secretaria de Organización, Lidia Senra, desoída nun primeiro momento, foi recentemente contestada por medio dunha máis que evidente evasiva, polo que se solicitou unha xuntanza coa Secretaría Xeral, para aclarar as cuestións referentes a esa convocatoria de Dirección Nacional, xunto coa orde do día da mesma. Convocada esa xuntanza para o día de hoxe, e ao sufrir a ausencia dos membros da Executiva, os afiliados congregados decidiron convocar a devandita rolda de prensa, para facer públicas as súas denuncias.

Os temas a tratar, propostos polos afiliados/as que solicitaban a reunión extraordinaria, eran:

  1. Análise da situación do sector vitícola: Reforma dos Regulamentos. Sobre estatal, criterio de reparto de fondos.
  2. Análise da situación do sector leiteiro: Desaparición do sistema de quotas. Plano lácteo estatal.
  3. Analizar e definir a situación laboral e retributiva do persoal ao servizo do SLG e das súas estruturas colaterais: Relación de postos de traballo, responsabilidade e categorías salariais. Despedimentos. Traslados. Rebaixas salariais.
Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >