
| A Executiva do SLG usurpa as funcións da Dirección Nacional |
|
|
Os convocantes denuncian o feito de que a Executiva estea usurpando poderes que, tradicionalmente e segundo a estrutura organizativa propia, correspondían á Dirección Nacional, como órgano decisorio competente. Isto deriva en que, as posibles solucións aos grandes temas a tratar correspondentes tanto á liña sindical como de xestión interna, son unilateralmente tomados pola Executiva, sen ter en consideración as posturas de máis afiliados e afiliadas. Como mostra destas acusacións, Xurxo Álvarez, tamén voceiro da corrente de opinión inserida dentro do SLG chamada Encontro Nacional Labrego, fixo pública a decisión que levou ao terzo necesario para solicitar unha Asemblea Extraordinaria da Dirección Nacional, a asinar un comunicado, aló polo mes de marzo, dirixido á Secretaria Xeral do SLG, solicitando de urxencia a reunión da Dirección Nacional. Esta solicitude, por escrito, entregada en man á Secretaria de Organización, Lidia Senra, desoída nun primeiro momento, foi recentemente contestada por medio dunha máis que evidente evasiva, polo que se solicitou unha xuntanza coa Secretaría Xeral, para aclarar as cuestións referentes a esa convocatoria de Dirección Nacional, xunto coa orde do día da mesma. Convocada esa xuntanza para o día de hoxe, e ao sufrir a ausencia dos membros da Executiva, os afiliados congregados decidiron convocar a devandita rolda de prensa, para facer públicas as súas denuncias. Os temas a tratar, propostos polos afiliados/as que solicitaban a reunión extraordinaria, eran:
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|