Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Homenaxe aos supervivintes do 'Urquiola' Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 13 de Maio do 2008   |   A Coruña
urquiola

O primeiro tenente de alcalde do Concello da Coruña, Henrique Tello (BNG), recibiu aos supervivintes do buque 'Urquiola' para facelles unha homenaxe no día que se cumpren 32 anos da catástrofe.

Tello avanzou que nos próximos días se colocará unha placa conmemorativa nun lugar aínda por decidir, mais que estará nas inmediacións do mar e perto de onde aconteceu o desastre.

O 12 de maio de 1976 o buque petroleiro 'Urquiola' procedente do Golfo Pérsico, quedou embarrancado na Coruña. Unha mala sinalización dunha agulla rochosa fixo que este grande buque que levaba a súa carga á empresa Petrolíber, sufrise o accidente, segundo explicaron dous dos supervivintes, Benigno Sánchez e Ignacio Arnaiz.

O 'Urquiola' non sufriu moitos danos neste primeiro momento e pediu ser levado a porto, aínda que finalmente os organismos competentes tomaron a decisión de que o petroleiro abandonase a canle e se afastase 200 millas das costas españolas.

Nestas manobras o 'Urquiola' sufriu máis danos e un incendiou que provocou unha grande humareda negra. O capitán do barco morreu ao permanecer no barco no último momento e tirarse cun salvavidas que lle provocou unha lesión no colo que o fixo perder o coñecemento e afogarse.

Nesta catástrofe derramáronse ao redor de 70.000 toneladas do total de 110.000, que chegaron até as rías de Betanzos, Ferrol e Ares. No entanto, os superviventes aseguraron que o dano ambiental podería ser "moito peor", xa que "só se queimou o 70% da carga" e finalmente se renunciou a meter o barco no porto, "unha decisión que resultaría horrible e suporía o fin da refinaría".

"Pola noite só se vía un enorme fantasma ardendo cun fume que chegou até os aeroportos da Coruña e de Santiago e mesmo até Portugal", segundo sinalaron.


Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image