Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Devastador terremoto en China Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 13 de Maio do 2008   |   Internacional
chinater "A estrada empezou a moverse mentres conducía. Caeron rochas desde as montañas e o pó escureceu o ceo en todo o val", relatou un condutor que se atopaba perto do epicentro do terremoto de 7,8 grados que onte golpeou o suroeste de China. 
Vivendas, escolas, hospitais e fábricas viñéronse abaixo no peor seísmo dos últimos 30 anos. Todo ocorreu en tres minutos, insuficientes para que milleiros de persoas lograsen saír a tempo dos edificios nos que se atopaban.

Os equipos de rescate traballan para atopar supervivientes baixo os escombros mentres a cifra de mortos non deixa de aumentar. Segundo as últimas informacións, hai case 9.000 vítimas mortais e uns 10.000 feridos, a maioría na provincia de Sichuan.

A última hora de onte, Wenchuan, a cidade máis próxima ao epicentro do seísmo, estaba incomunicada. Era imposible establecer comunicación telefónica e a estrada de accceso quedara cortada por un desprendimiento de terra.

Tampouco se sabía nada do próximo parque natural de Wolong, a maior reserva do mundo de osos panda. A só cincuenta quilómetros de alí, en Beichuan, calculábase que morreran entre 3.000 e 5.000 residentes.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image