
| Mulleres do PP contra Rajoy |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Martes, 13 de Maio do 2008 | Estatal | |||
Ademais, subliñou que San Gil abandonou o relatorio político porque poida que nela "non estean garantidos os principios do partido nese relatorio".
"No País Vasco morreron moitas persoas nestes anos por defender a idea de España e creo que a maioría dos votantes do PP e os militantes do partido defenden a idea de España e imos loitar porque (esa idea) se vexa reflectida no relatorio político", destacou Botella. A presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, asegurou que o abandono de San Gil do relatorio político debe levar "a reflexionar", sobre todo aos que teñen "a máxima responsabilidade política a nível nacional", un dardo contra Rajoy. "San Gil é unha referencia moral dentro do partido; non é ningunha funcionaria nin ningunha persoa que non estea por outra cousa que non sexan as conviccións profundas", engadiu Aguirre. San Gil parece ter case calquera outra virtude que non sexa a moral. En canto a Espe e a Anita, a unha quere ser presidenta e a outra, que ve o posto xa libre, alcaldesa... ou presidenta dos madriles. A idea que teñen atopa respaldo no máis granado do partido, Acebes dixit.
|
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|