 |
A corrupción, desgraciadamente, está presente en calquera sociedade. Cando atopamos que provén de quen ten que velar por manter a orde, quedamos indefensos ante este perigoso abuso de poder.
|
Segundo fontes da investigación, en Coslada había unha auténtica mafia (até veciños falan de persoas que recibían malleiras por parte destes "policías" e que despois "desaparecían").
O xuíz instrutor ten nas súas mans gravacións en video realizadas polos propios "policías" con barbaridades como malleiras a indixentes, vexacións a prostitutas, ...
A extorsión que "a patrulla policial" exercía en comercios e locais de
lecer, estendíase tamén aos clubs de alterne do concello,
converténdose os "axentes", agora detidos, en auténticos proxenetas das
prostitutas. Non só quedaban co seu diñeiro senón
que, ademais, abusaban delas, e as coitadas non se atrevían a denunciar "por medo ás represalias".
Habitualmente un ten medo cando se atopa na rúa con grupos pronazis, bandas de sudamericanos, rumanos,... e agora aparecen estes policías mafiosos e máis perigosos si cabe, encabezados por Ginés Jiménez, máis coñecido como o 'sheriff' de Coslada.
Sempre escoitamos historias de policías que facían a vista gorda para deixar pasar mercadorías ilegais por unha gratificación, esperemos que todo quede niso aquí na Galiza e non vaian máis aló, polo noso ben e polo desprestixio para o estamento policial.
Comentarios () |
|
|
|
|
|