Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Os prezos subiron un 1,1% en abril Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Martes, 13 de Maio do 2008   |   Economía
centimo
O Indice de Prezos de Consumo (IPC) incrementouse un 1,1 por cento na Galiza en abril respecto ao mes anterior, co que no que vai de ano rexistra un aumento do 1,4 por cento e a inflación interanual se sitúa no 4,4 por cento, dúas décimas por riba da media estatal.
Galiza destaca como a cuarta comunidade autónoma máis inflacionista no que vai de ano, só superada por Cantabria (4,7%), Castilla-León (4,5%) e Canarias (4,5%).

Os prezos subiron en todo tipo de produtos agás no vestido e o calzado, onde caeron un 3,8 por cento e no ocio na cultura. Pola contra, a vivenda rexistra o pico máis alto da alza cun incremento do 4,5 por cento.

Por provincias, Lugo e Ourense, os prezos aumentaron máis que a media da comunidade, cun 1,5 e 1,3 por cento, respectivamente. Mentres, en Pontevedra igualouna, con 1,1 por cento e A Coruña rebaixouna nunha décima (1 por cento).

No conxunto de España os prezos subiron un 1,1% no mes de abril respecto a marzo, mais a taxa interanual baixou tres décimas, até o 4,2%, rexistrando o seu primeiro descenso en sete meses, segundo os datos feitos públicos polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

 

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image