Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
PPdeG, PSdeG e BNG acordan que os emigrantes voten en urna Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 14 de Maio do 2008   |   Galiza
urna
Os tres grupos parlamentarios da Cámara galega pecharon a redacción definitiva dunha proposición de lei a través da que piden que os residentes no exterior voten en urna en todas as convocatorias electorais, a partir das autonómicas de 2009, de xeito que se "eliminen as sospeitas" sobre estes procesos.
Tras reunirse no Parlamento e ultimar as "cuestións técnicas" pendentes, PPdeG, PSdeG e BNG explicaron que pretenden dar a maior celeridade posible á tramitación do texto para logo remitilo ás Cortes Xerais, onde tamén deberá obter o visto bo, ao modificar unha lei orgánica, a de Régimen Electoral General (Loreg).

As forzas políticas galegas logran un acordo para "dignificar" e "eliminar sospeitas" sobre o sufraxio na Galiza exterior, sobre o que se xeraron multitude de polémicas nas últimas chamadas ás urnas. Superarán, deste xeito, as diferenzas que ao longo desta lexislatura fixeran fracasar até en dúas ocasións o intento de reforma.

A norma establece que os emigrantes voten en urna como procedemento "normal" e dispón un sistema "garantista" para o sufraxio por correo. Tamén regula o papel dos medios públicos nas campañas no exterior e obriga a unha depuración extraordinaria do censo de residentes ausentes, a limpeza deberáse comprobar periodicamente.

BO PACTO OU PACTO DE MÍNIMOS.

No entanto, entre os tres grupos subxacen as diferenzas que impediron o consenso en ocasións anteriores, como as relativas a se os emigrantes deben votar nas eleccións municipais. De feito, o voceiro do BNG, Carlos Aymerich, remarcou que se trata dun "acordo de mínimos", e xustificou as "cesións" da súa formación na necesidade de que nas eleccións galegas voten en urna.

Pola contra, o socialista Xaquín Fernández Leiceaga falou dun "bo" pacto e advertiu que hoxe é un "día para a unanimidade", polo que evitou polemizar con Aymerich. O voceiro nacionalista reclamou que o consensuado hoxe "non se vexa contradito" no Congreso polas forzas estatais e avisou de que "non sería a primeira vez".

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image