
| Dicionario en galego cos termos e definicións das TIC |
|
|
| Redacción MundoGaliza | Mércores, 14 de Maio do 2008 | Curiosidades | |||
Precisamente, o presidente do comité da dirección do dicionario, Xavier Alcalá, explicou que o obxectivo principal do proxecto é "conectar" a lingua galega coas tecnoloxías da información e da comunicación. Alcalá aproveitou a súa intervención para adiantar os primeiros resultados do proxecto -que se puxo en marcha hai medio ano e que espera ser publicado dentro de tres- e para defender a "obriga especial na corrección e na economía dos termos", xa que interpretou que o código "fundamental" para os humanos é a fala. Este proxecto, no que traballan máis de 30 expertos, nace coa vocación de converterse nun compendio documental de "referencia". Para que as comunidades profesionais, tecnolóxicas e empresariais, así como alumnos e profesores dispoñan dunha ferramentas lingüísticas para entender -en lingua propia- os conceptos que definen as TIC da Galiza.No mundo das tecnoloxías da información hai unha "escasa" presenza do galego, ao respecto, a profesora de filoloxía galego-portuguesa da Universidade da Coruña, Pilar García Negro, reflexionou sobre o futuro da lingua galega na era dixital e explicou que tanto a fala como o idioma están nun proceso "inacabado", xa que, seguen existindo conflitos lingüísticos e de normalización, porque a "lingua é ubicua e non sectorial". |
|||
| < Ant. | Seg. > |
|---|