Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
Discrepancias no caso Couso Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 14 de Maio do 2008   |   Confidencial
couso3
Un dos catro maxistrados da Sala do Penal da Audiencia Nacional, que onte decidiu rexeitar o procesamento de tres militares de EE.UU. presuntamente implicados na morte do cámara español Xosé Couso en 2003 en Bagdad (Iraq), emitiu un voto particular discrepante no que estima que o ataque das tropas americanas contra o hotel no que se atopaban os xornalistas foi "indiscriminado", "desproporcionado" e "intencional".
O xuíz José Ricardo de Prada descarta así a tese defendida pola maioría da Sala que xustifica a acción dos militares como un acto de guerra. Segundo di, este argumento "é inadmisible e transmite algo totalmente contrario ao que pretende o dereito internacional". "Dá a entender que na guerra non hai normas que regulen as condutas dos combatentes nin protexan as vítimas civís", engadiu.

Nese senso, o xuíz cita unha serie de principios recollidos "tanto no Protocolo I coma no dereito internacional" nos que se especifica "a prohibición dos ataques indiscriminados", referíndose aos "que non están dirixidos contra un obxectivo militar concreto".

O voto particular deste maxistrado indica que "no presente caso se aprecia un ataque intencional, indiscriminado e desproporcionado, contra obxectivos civís, con persoas civís ás que se lles causou a morte, utilizando medios de combate con grande capacidade mortífera, sen que se adoptasen as precaucións necesarias".

Este maxistrado discrepante conclúe que existen elementos abondos para manter o auto de procesamento ditado polo xuíz instrutor da causa, Santiago Pedraz, quen imputou a tres militares, o sarxento Thomas Gibson, e os seus superiores, o tenente coronel Philip de Camp e o capitán Philip Wolford por un presunto delicto de asasinato con aleivosía e outro contra a comunidade internacional, que pode ser castigado, este último, cunha pena de prisión de entre 10 e 15 anos.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image