Esqueceches o contrasinal? Aínda non tes unha conta? Crea unha
  • Wide screen resolution
  • Auto width resolution
  • Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
ETA volve matar Imprimir Correo-e
Redacción MundoGaliza   |   Mércores, 14 de Maio do 2008   |   Estatal
eta A banda terrorista asasinou hoxe no País Vasco a un garda civil e feriu a outros catro, nun atentado con coche bomba contra a casa cuartel de Legutiano. Segundo as primeiras investigacións, o método usado polos terroristas foi similar ao atentado de Durango do pasado 2 de setembro contra outra casa cuartel: chegaron ao lugar, baixáronse do vehículo e deixaron o coche cos explosivos, activárono e fuxiron noutro, atopado en Abadiño.

O vehículo foi examinado pola policía ante a posibilidade de que contivese algún tipo de bomba-trampa. Os artificieiros descubriron que no seu interior había un dispositivo incendiario que non chegou a estourar.

O lugar onde foi localizado indica que os terroristas fuxiron de Legutiano a través do porto de Urkiola, xa que Legutiano e Abadiño atópanse en cada un dos extremos do porto.

A potente explosión provocou danos na parte central do edificio principal, en fiestras e tellado, así como nos chalés que se atopan á outra beira da estrada. O pequeno edificio anexo de vixilancia quedou reducido a cascallos. Era alí onde estaba o axente asasinado.

A vítima mortal é Juan Manuel Piñuel Villalón, nacido o 20 de xaneiro de 1967 en Melilla, estaba casado e tiña un fillo, segundo confirmaron fontes da loita antiterrorista. Os feridos están fóra de perigo.

 

Comentarios (0)add
Escribir comentario
quote
bold
italicize
underline
url
image
quote
quote
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley
Smiley

Compartir:
Chuza
Menéame
Fresqui
Delicious
Digg
Furl it!
Technorati
YahooMyWeb
 
< Ant.   Seg. >

Image